Galego

O jazz flamenco de Martirio, a voz atlántica de Uxía, a forza maña de Carmen París e a orixinalidade poética de Ugia Pedreira reúnense para celebrar a madurez artística das catro.

Teñen en común moito máis do que parece a simple vista; todas loitaron por una labor necesaria de reconversión da canción popular española, da copla, do canto telúrico galego, da jota con aires tropicales. Comparten tamén a creatividade e o compromiso coa música. Son letristas e amantes da boa poesía, das cancións de onte, de hoxe e de sempre. Rodeanse de grandes músicos e beben directamente da mellor tradición do cancioneiro latinoamericano.

Este espectáculo nace coa fin de promover, fomentar e difundir o arte como encontro; estreitar o coñecemento e a experiencia destas cantantes que revisitan a copla, a jota ou os alalás. 

Catro mulleres que reinventaron e revolucionaron estes xéneros e lles diron unha nova vida e unha nova visión desde o risco, a experimentación e a creación de novos contidos e arranxos que entroncan co jazz e outras músicas, facendo que cheguen a outra audiencia.

A afinidade que senten ven dada polo atrevemento, a solidez e o humor cos que elas se enfrentaron a este reto. Diríase que son almas xemelas de universos culturais diferentes, o que fai que o espectáculo sexa unha festa da música de raíz e da irmandade.

O espectáculo mostranos a catro mulleres que souberon depurarse, reinventarse a se mesmas para ofrecerse reais e verosímiles.

Intercambiarán repertorio e cantarán xuntas nun acto de admiración mutua e de amizade, arropadas polas guitarras de Sérgio Tannus e Marcos Teira, creando texturas ben curiosas entre as cuerdas que as acompañan, as voces, as percusións e o piano de Carmen París.